Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

28.03.2010

Xa están á venda as entradas para as Presentacións de Kosmogonías

Berrogüetto segue ofrecendo música galega cun radio de acción que transcende as fronteiras de Galiza. Máis alá da música, cren na diversidade cultural coma fonte de riqueza. Hoxe, a súa música, co mesmo selo de sempre - multiplicidade e homoxeneidade, unha das cousas máis difíciles de conseguir nunha banda - ten cabida en calquera escenario do mundo.

Berrogüetto comezará xirando con Kosmogonías en Galiza para mostrar en primicia ao seu público galego un novo espectáculo en directo que transcende máis alá do son, e supón unha experiencia na que se une a música, a danza e a imaxe.

Os principais teatros das vilas galegas son os espazos escollidos por Berrogüetto para comezar levando ao vivo o seu discurso, unha reflexión optimista sobre a relación entre a humanidade e o universo.

A xira de Presentación de Kosmogonías iniciarase nas seguintes datas e cidades:

 

  • Pontevedra Venres, 9 de abril no Pazo da Cultura
  • Vigo Xoves, 15 de abril no Teatro García Barbón
  • A Coruña Domingo, 18 de abril no Teatro Rosalía de Castro
  • Madrid Domingo, 25 de abril na Sala Caracol
  • Zaragoza Martes, 27 de abril no Teatro Principal
  • Ferrol Luns, 17 de maio no Teatro Jofre
  • Lugo Xoves 20 maio no Auditorio Gustavo Freire
  • Ourense Martes, 22 de xuño no Auditorio Municipal

 

Para asistir aos concertos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Zaragora ou Ourense, xa podes mercar as entradas na Axenda desta web.

Voltar ás novas