Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

28.04.2011

Berrogüetto, premio da música por "Alalá da noite"

Esta canción foi composta por Quico Comesaña e Xabier Díaz, con letra do escritor Manuel Rivas

 

http://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/berroguetto-entre-los-ganadores-de-los-premios-de-la-musica/1084898/

 

Na mañá de hoxe a Academia das Artes e as Ciencias da Música fixo públicos os ganadores da 15º Edición dos Premios da Música, nos que Berrogüetto obtivo o Premio á Mellor Canción en Galego pola súa canción Alalá da Noite, incluída no seu último disco Kosmogonías. É a primeira ocasión na que Berrogüetto recibe este premio, sendo finalistas en 2001 e 2006 polos discos Hepta e 10.0, respectivamente.

 

Tras facerse público o fallo da Academia, o grupo Berrogüetto mostrou a súa enorme satisfacción por este recoñecemento e por telo compartido cun compañeiro de viaxe como Manuel Rivas.

 

A canción premiada abre o disco Kosmogonías, o seu último traballo de estudio. A melodía está composta por Quico Comesaña e Xabier Díaz mentres que a letra foi enviada ao grupo polo propio Manuel Rivas tras asistir este a un concerto moi especial (por ser o primeiro da formación con Xabier Díaz) no Teatro Rosalía de Castro na Coruña. O poema Alalá, daquela inédito está incluído na obra A desaparición da neve.

 

Os Premios entregaranse en Madrid o vindeiro 18 de maio nunha gala e na que participarán outros premiados como Joan Manuel Serrat, Rosendo, Kiko Veneno ou Macaco.

 

6 de maio, primeiro concerto tras o Premio

 

O vindeiro 6 de maio, no Teatro Madrid (La Vaguada), Berrogüetto participará no Festival Madrid Folk, primeira ocasión na que poderáse escoitar a canción Alalá da Noite en directo tras ter sido galardoada có Premio da Música. Ademais, tras ser nomeados embaixadores polo Ano da Música, Berrogüetto realizará unha xira internacional que os levará a, entre outros destinos, Alemaña, país onde foron premiados en varias ocasiones pola crítica especializada.

Voltar ás novas